O 114 foi o programa que comezamos ao ritmo daquela canción que fala de resistir. Mais nós fixémoslle unha adaptación para o plural. Resistiremos. Ese era o sentir dos actores e actrices que interpretaron a canción na gala dos Premios Goya.
Despois viaxamos a Miño através das ondas e alí encontramos un grupo de alumnos e alumnas que cursan o Programa de Diversificación Curricular no Ensino Secundario. Con eles e elas falamos sobre o seu programa de radio e aproveitamos a ocasión para lles transmitir os parabéns polo traballo que presentaron ao certame convocado por Educación sen Fronteiras e que resultou finalista.
A seguir falamos con Begoña Martín Acero, unha das impulsoras do programa de radio educativa realizado polo centro escolar Castro Baxoi de Miño.
OUTROS PROGRAMAS FEITOS EN COLABORACIÓN CON RADIO MIÑOCA
1) Proxecto Neo nº 41.2 Lukas + Cándida+ Séchu Sende
2) Proxecto Neo nº 45.2: Sherezade + José Martínez Romero-Gandos
Sem comentários:
Enviar um comentário