Capa do novo libro de Xulio Pardo de Neyra, entrevistado en Proxecto Neo |
Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante
27/01/21
Proxecto Neo, 306.10: Radio Chivite (Verín); Xulio Pardo de Neyra
20/01/21
Proxecto Neo 305.10: Manuela Dieste; Marta Salutregui
A SAÍDA DO ARMARIO LINGÜÍSTICO
A ilusión do desconfinamento
-Cando comezache ese proceso?
-Con 23 anos. Eu estaba en Compostela e alí falaba en galego e cando voltaba a Ferrol falaba en castelán. Todo moi metódico: de luns a xoves falaba en galego e de xoves a domingo falaba castelán.
-Cóntanos como foi a evolución.
-Durante o confinamento, por iniciativa un grupo de mulleres de Vigo -as Clandestinas-, facíamos unhas “Pandemias feministas”. Abordábamos temas relacionados co feminismo e empregábamos o galego. Eu sentinme moi cómoda. Cando iso acabou, comezamos a saír á rúa e esquecín o galego outra vez.
Agora pensei que tiña que facer algo [para recuperalo e fortalecelo] e por iso botamos a andar un proxecto participativo. Eu asocio o uso do galego á participación nos movementos sociais e iso é moi importante. Para min ser neofalante é como unha saída do armario; hai que dar explicacións constantemente (salvo en ambientes novos en que non se saiba como falabas antes).
Funme marcando obxectivos a min mesma. Por exemplo: “vou empregar o galego cando me dirixa a xente que non coñeza (no supermercado, na rúa...)”; ou “vou usar o galego nas historias das redes sociais, tipo Instagram”. No caso das redes, tiven dúas fases: primeiro usei o galego nas historias efémeras e despois nas publicacións permanentes. Son pequenos obxectivos.
13/01/21
Proxecto Neo 304.10: Thayane Gaspar (UERJ); Miguel R. Carnota; Rosana Posada Expósito
Rosana Posada Expósito é unha excepcional animadora das equipas de Futsal de Burela. Nesta imaxe de Lucía Rivas está en plena faena nun partido celebrado en Madrid. |