Colaboración de MIRIAM MARTÍNEZ PÉREZ (Murcia)
Martes, cinco e media da tarde: por primera vez poño os meus pés en Burela. Con moito cansazo, comezo a procura do mesón “A Pedra”, onde decidín hospedarme grazas ás excelentes críticas que puiden ler en Internet sobre el.
Cun pouco de medo de perderme (menos mal que Burela non é moi grande), consigo chegar ao mesón despois das indicacións dunha señora velliña adorable.
A seguir, entro no bar e atópome cunha persoa moi amable que me dá as chaves do cuarto. Só existe un inconveniente: non hai elevador e o dormitorio está no cuarto andar.
Como subo entón a maleta? Non hai problema, a señora Cándida (así se chama este portento de muller de 70 anos) cóllea e, sen axuda ningunha, sóbea ela só, como se nada!
Agradézolle o esforzo (eu ainda en estado de shock) e, tras descansar un bocadiño, baixo de novo ao bar. Desta vez non está Cándida, está Inma -a súa filla- coa que comezo a falar dun xeito tan familiar que entusiasma.
Mais iso non é todo. Polo Mesón da Pedra tamén andan Laura e Nuria (fillas de Inma). A primeira é unha futura xornalista que vai dar moito que falar e a segunda, Nuria, é todo carisma, a pesar da sua curta idade.
En definitiva: oxalá chegue aos setenta como Cándida; e moitas grazas a estas tres xeracións de galegas que me fixeron pasar uns días como na miña propia casa.