Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

22/12/22

Proxecto Neo, 370.12: María Fuente (árbitra); Chelo Gundín (especialista en bibliotecas escolares)




María Fuente, a primeira árbitra de fútbol da Mariña


Primeiro temos unha conversa sobre deporte feminino. A primeira entrevista está protagonizada por María Fuente, que comeza a dar os primeiros pasos na arbitraxe.
Na segunda parte do programa a protagonista é a profesora Chelo Gundín, dinamizadora das bibliotecas escolares. Con ela falamos sobre animación á lectura e tamén sobre a didáctica da Lingua e a Literatura.

15/12/22

Proxecto Neo, 369.12: María Quintana; François Davo; Daniel Domínguez


    Equipa de realización do programa nº 369. Na primeira fila: Hugo García; María Quintana; Sara Villarquide. De pé: Carme         Gallo e Germán Quintana.

No programa 369 recibimos a incorporación de María Quintana, unha estudante de só 9 anos. Con ela conversamos un nomento.O noso seguinte convidado foi o profesor, tradutor e escritor François Davo. Nacido en Le Mans, chegou á cidade da Coruña como profesor auxiliar de Lingua Francesa no decenio de 1990.
Daniel Domínguez, o guionista de O Corpo aberto -a longametraxe de Ángeles Huerta-, que nos falou sobre a súa profesión e tamén sobre esta historia arraiana ambientada en Lobosandaus.


08/12/22

Proxecto Neo, 368.12: Gaspar Broullón ("Corpo aberto"); Irene Pérez Lis ("Surfeando libros")





Gaspar Broullón é profesor da materia de Produción Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Nuria Ramos Cuba solicitoulle entrevista para falaren sobre produción cinematográfica e xuntos prepararon unha intervención didáctica sobre o Corpo Aberto, de Ángeles Huerta, inspirada no "Lobosandaus" arraiano de Xosé Luís Méndez Ferrín.

Con este prato central parecía que non habería sitio para outro tanto. E claro que había. Aínda faltaba a conversa con Irene Pérez Lis, do Instituto Eusebio da Guarda. Con ela estivemos Surfeando Libros. Así con maiúscula.


Porta de entrada a Corpo Aberto, o filme de Ángeles Huerta en que
Gaspar Broullón se ocupou da produción.

                                        Entrevista con Irene Pérez Lis, a surfeadora de libros.
                                        Esta iniciativa do IES do Ribeiro contou coa colaboración
de Rubén Riós.