Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

18/12/25

Proxecto Neo 474.15: Radio Saúde Burela - O coidado da pel

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e O corpo fala.

Inmediatamente despois entraremos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado fundamentalmente ao coidado da pel e aos trastornos da imaxe.

A primeira das entrevistas foi con Javier Rouco Martínez, docente de Imaxe Persoal no IES Perdouro de Burela.  Javier formouse no ámbito das finanzas, do estilismo, da estética e mesmo da enfermería e ten unha ampla experiencia de case 20 anos como profesor de Imaxe Persoal, na actualidade no ciclo de Peiteado e Cosmética Capilar. Con el conversamos como experto no coidado da pel. Seguro que nos dará recomendacións en materia de dermatoloxía, fundamentalmente para os problemas cutáneos na adolescencia.

Inmediatamente a seguir falamos con Zaida Álvarez Otero, enfermeira de saúde mental. Traballou en varios hospitais españois e nalgúns deles en servizos especializados en adolescentes e trastornos da conduta alimentaria. Con ela falamos de saúde mental dos adolescentes e de como a súa imaxe inflúe neles.

10/12/25

Proxecto Neo 473.15: Javier Mariño Chao & Xan Barcia Bouzas

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias.

Inmediamamte a seguir tivemos connosco a Javier Mariño Chao, docente de Matemática e amante das viaxes polo mundo. Con el conversaremos sobre as súas experiencias viaxando polos cinco continentes e da súa paixón por coleccionar xarras dos países polos que estivo. 

Na segunda parte do programa falamos con Xan Barcia Bouzas, profesor de Filosofía no IES Perdouro de Burela. Con el falamos da pensamento de Byung-Chul Han, premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2025. Este intelectual alemán de orixe surcoreano é unha das estrelas do pensamento actual.



03/12/25

Proxecto Neo 472.15: Adrián Naray Ares & Silvia Rozas Ramallal

Como é habitual, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das Ciencias. 

Immediamente a seguir recordamos que o 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, ten como obxectivo promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, ademais de visibilizar e aumentar a conciencia social sobre as dificultades ás que se enfrontan no seu día a día para poder desenvolverse en igualdade co resto da cidadanía. Os nosos compañeiros de 4º ESO, Breogán e Manuel, comparten connosco un podcast co que queren homenaxear a loita e o esforzo destas persoas, e anímannos a poñernos no seu lugar para comprender mellor a súa realidade.

O primeiro convidado foi Adrián Naray Ares, físico especializado en meteoroloxía e preditor aeronáutico na Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). É coñecido por dar as previsións meteorolóxicas na Mariña no perfil do Tempo en Foz nas redes sociais. Con el conversamos sobre a súa formación académica, a diferenza entre os termos clima e tempo, a importancia das predicións para previr desastres naturais así como do impacto do cambio climático na Mariña. 

Na segunda parte do programa tivemos por vía teléfónica a Silvia Rozas Ramallal, frautista solista da Orquesta da Radio Norte de Alemaña e natural de Burela. Estivo no IES Perdouro ofrecendo un concerto didáctico ao alumnado de 2º de ESO. Con ela falamos do seu itinerario formativo, que a levou a vivir en Alemaña e formar parte da Orquestra Sinfónica da Radio Norte de Alemaña.