Paula Jorge Horta retornou ao Instituto Perdouro. Desta vez para falar de Educación inclusiva. De guiar a conversa ocupáronse Carme Gallo, Sara Villarquide e Hugo F. Galdo.
Unha das salas de aulas do instituto converteuse momentaneamente nun estudio radiofónico-audiovisual (Matías Nicieza gravou a sesión completa). O alumnado puido presenciar ao vivo a realización e tivo un excelente comportamento).
A protagonista da segunda parte foi a estudante Djennifer de Brito Semedo, que nos falou da súa participación no grupo musical Batuko Tabanka. Unha intervención colosal!
O terceiro protagonista foi Álvaro Díaz, profesor de Lingua Inglesa e parente de Ricardo Carvalho Calero. Un neofalante do século do século XX e outro do século XXI.
Brillante!
Paula no momento da entrada ao instituto. Mauro, Yuri, Íker, Ian, Patrick e Rubén non perderon a oportunidade de saudala e de tirar unha fotografía con ela. |