Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante
19/06/25
Proxecto Neo 461.14 - Alfredo LLano; Oferta Educativa IES Perdouro 25-26
11/06/25
Proxecto Neo 460.14 - Pepe do Caxoto; Alexandra Cabana; Carla Paz e Mateo Docal
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co habitual espazo colaborativo: A Noticia do Día.
A primeira entrevista foi conducida por Adrián Piqueras, integrante da masa coral Modelo Burela, que conversou co seu avó: José Valle, mais coñecido como Pepe do Caxoto. Pepe do Caxoto é un armador histórico de Burela que conversa co seu neto para contar a experiencia de toda unha vida ligada ao mar.
Inmediatamente a seguir falamos con Alexandra Cabana, profesora de historia e actualmente asesora de Bibliotecas Escolares da provincia de Lugo. Con ela conversamos sobre a súa faceta académica e profesional, que está fortemente vinculada á figura de seu pai: Darío Xohán Cabana, académico da lingua e escritor.
Na última entrevista conversamos con Carla Paz e Mateo Docal. Dous alumnos de 1º de Bacharelato, que despois do seu primeiro ano de estudar portugués acaban de certificar o nivel B1 na EOI de Lugo. Estes dous alumnos acaban de chegar da excursión a Portugal. Con eles falamos sobre os seus estudos de portugués e da viaxe polo país veciño.
04/06/25
Proxecto Neo 459.14 - Plataforma LOITA, Manuel Núñez Singala, Ugia Pedreira e Alumnado de 1º ESO
Entraremos nun programa dedicado ás nosas letras e patrimonio cultural. Mais antes falamos con Tamara Campos e María G. Jartín da plataforma LOITA. Con elas conversamos sobre o necesario servizo de Atención Temperá e apoio dado ás familias en canto a dereitos sanitarios dos nenos e nenas, nais e adolescentes na acompañamento sanitario.
Inmediatamente a seguir falamos con Manuel Núñez Singala, neofalante, que visitou recentemente a nosa biblioteca grazas o programa Lectura Infinita do Ministerio de Cultura e Deportes. O alumnado de 4º ESO PDC reaccionou co dramaturgo en micro aberto após o encontro literario mantido en torno a súa obra teatral Comedia bífida.
No mes pasado celebramos as nosas letras e por este motivo tivemos connosco a Ugia Pedreira, cantaautora de Vilaronte. Con ela, falamos de tradicións e das expectativas en torno ao obradoiro que ía manter co alumnado de 1º de ESO.
Xa para rematar, Lucía Fernández, profesora de Lingua Galega, partilla co seu alumnado o traballo realizado na materia de Proxecto Competencial sobre as cantareiras, a nosa tradición oral e a confección de pandeiretas con material de refugallo.
29/05/25
Proxecto Neo 458.14 - Especial Radio Saúde Burela
Entramos nunha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado a Actividade física e a Atención temperá
A primeira das entrevistas é con Rosa Fraga, pedagoga especializada en Atención Temperá. Con ela conversamos sobre os servizos ofrecidos pola unidade de atención temperá co obxectivo de dar apoio ao desenvolvemento infantil e á inclusión sociofamiliar.
Inmediatamente a seguir falamos con Iván Cao Valle, coñecido como Lucas. El é o técnico de deportes no concello de Burela. Con Lucas conversamos para sabermos mais sobre as actividades deportivas ofrecidas polo concello de Burela.
Na parte final toma a palabra Catalina Caamaño, coordinadora da Estratexia de Promoción da Saúde do Concello de Burela para facer balance das actividades levadas a cabo durante todo o ano.
22/05/25
Proxecto Neo 457.14 - Especial Expomar
15/05/25
Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero
Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que practica a arte da improvisación oral.
Inmediatamente despois falamos no estudio de Galefusión con Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela: un proxecto de dinamización linguística.
Xa na última parte do programa recibimos novamente a Manuel Rivero para falarmos do seu novo libro sobre Lola Arribe, unha docente, política e escritora galega reintegracionista.
07/05/25
Proxecto Neo 455.14 - Programa Especial Mar con Balbino Trelles, Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López
Traemos un programa dedicado ao mar e aos mariñeiros. Un tema moi vinculado a Burela.
Na primeira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC conversa con Balbino Trelles. Con este mariñeiro xubilado falamos sobre como era a vida nun barco e a importancia de coñecer ben o mar e as rochas.
Na segunda entrevista o alumnado de 3º ESO PDC foron ata a Moncloa de Burela para entrevistarse con Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López para falar das súas experiencias e aprendizaxes a volta do mar.
01/05/25
Proxecto Neo 454.14 - Programa Especial Saúde
Temos unha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado á Saúde Mental e Emocional.
Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das ciencias. Tamén contamos co podcast de "Aulas sen fume" do alumnado de 1º de ESO A.
Con Cristina Lastra, psicóloga especialista en psicoloxía clínica na Unidade de Saúde Mental de Burela, conversamos sobre como a psicoloxía clínica pode axudar a mellorar e recuperar a saúde emocional.
A segunda entrevistada é Yolanda Fernández, profesora de ciclos formativos no IES Perdouro, coa que falamos de educación emocional dentro dos centros de ensino como ferramenta para lograr o bem-estar emocional do alumnado.
Artigo de Praza.gal de interese : Estamos educando para vivir ou para resistir? A importancia da saúde mental na escola
23/04/25
Proxecto Neo 453.14 - Especial día do libro - Raquel Miragaia
Neste programa especial Día do Libro, tivemos varias suxestións e recomendacións literarias. Falamos dos clubes de lectura con Ana Orol.
Na parte central do programa conversarmos con Raquel Miragaia sobre a reedición do seu primeiro romance: "Diário Comboio".
Xa parte final contamos, tivemos unha nova sección "Un libro en 10 minutos", un podcast realizado polo alumnado de literatura universal de 1º de Bach B.
10/04/25
Proxecto Neo 452.14 - David Rial Bello e Blas Valleres
03/04/25
Proxecto Neo 451.14 - Intercambio a Francia, FP Innova, Semana do Ben Estar
26/03/25
Proxecto Neo 450.14 - Programa Especial Saúde
20/03/25
Proxecto Neo 449.14 - Xulio Vizcaya e Ester Veiga (Mel do Trevo)
![]() |
Xulio Vizcaya mostra o mel envasado e preparado para a venda á autora da entrevista, Manuela Pintor Vila-Verde |
![]() |
MEL DO TREVO: producido nas terras de Viana do Bolo, é mel galego etiquetado en galego |
12/03/25
Proxecto Neo 448.14 : Cristina Palacios Castro, Intercambio Xinzo de Limia, Viaxe ao Parlamento Europeo
26/02/25
Proxecto Neo 447.14 - Programa especial Saúde
19/02/25
Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada
12/02/25
Proxecto Neo 445.14 - Programa especial Saúde
Entramos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentación e o sono.
A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela. Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da actividade física para a nosa saúde.
Inmediatamente a seguir falamos con Daniel Esteban Mejia, cirurxán residente de primeiro ano en Medicina Familiar e Comunitaria na área sanitaria da Mariña. Con Daniel Esteban abordamos a importancia dunha boa alimentación para estarmos saudables.
Xa na parte final do programa acompañounos no estudio Arantxa Miguel, médica do centro de saúde de Burela. Con Arantxa Miguel analizamos importancia do sono para o noso ben-estar físico e mental.
06/02/25
Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro
22/01/25
Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira
16/01/25
Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández.
09/01/25
Proxecto Neo 441: Viaxe a Cabo Verde con Bernardo Penabade
Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, estivo con nós Bernardo Penabade para falarnos sobre a viaxe que realizou no pasado mes de novembro ao país do Atlántico africano.
Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Coñecemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário, das escolas de ensino secundário e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra; e falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde.
Tamén conversamos sobre os encontros co Presidente da República, coas escritoras Vera Duarte e Analina Rocha, co antropólogo João Lopes Filho e co escritor Joaquim Arena; e sobre a visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa e xénese da independencia de Cabo Verde.