O número 96 foi outro programa viaxeiro. Comezamos conversando co escritor galego-catalán Pere Tobaruela, o autor de Con ollos de neno (Biblos; 2007) e Sempre perden os mesmos (2013). A nosa Helena entrevistou o barcelonés que escribe en catalán, castelán e galego a ritmo vertixinoso, pois leva publicado medio cento de títulos nos últimos quince anos. Foi así como coñecemos o proceso que o levou a facerse neofalante.
Despois de escoitarmos a música de Status Quo, entramos en conversa con Anik Nandi, o investigador bengalí, que nos atendeu desde Esteiro (en Muros). Karina Parga conduciu unha nova entrevista centrada na transmisión interxeneracional do idioma. Diso falou co doutorando, que está en proceso de estudo das actitudes dos pais e nais de nenos e nenas de entre 1 e 6 anos.
Helena Valle, a nova voz da Mariña (para o mundo), protagonizou a última parte. Primeiro escoitámola cantando e despois abordamos a súa participación no certame musical das recentes festas de Burela (certame que gañou).

Sem comentários:
Enviar um comentário