Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

22/05/13

Proxecto Neo nº 56.2 - Nícola Bermingham & Teresa Losada

Irlandesa. Nacida en Vigo. Filla de irlandeses que aman o seu país e que aman o país noso. Profesora de Linguas. Tradutora e intérprete. Investigadora das relacións entre idioma e sociedade. Esa é Nicola Bermingham, a primeira entrevistada no programa 56.2
Comezamos o programa facendo unha aproximación ao perfil humano da entrevistada. Conversamos sobre os motivos polo que os seus pais estaban instalados en Galiza, sobre a súa escolarización no Colexio Público García Barbón, sen esquecermos o retorno da familia emigrada e a integración da nena no país de orixe/acollida.
Naturalmente tamén coñecemos a súa experiencia como estudante no Trinity College Dublin e como profesora na Faculdade de Tradución e Interpretación da Heriot-Watt University de Edimburgo.
Despois da música, falamos de como coñeceu a existencia do Modelo Burela. Comentounos que foi nun congreso celebrado en Cork e que recibiu a información a través da escritora Eva Moreda.
A segunda parte do programa resultou moi emotiva. A nosa colaboradora Lucía Rivas fixo unha magnífica produción. Seleccionou a entrevistada (Teresa Losada), documentouse sobre o alcance do seu traballo, entrou en contacto con ela e mesmo se ocupou de buscar unha música que lle gustase. Como respondeu Teresa? Pois como ela o fai sempre: coa máxima sensibilidade. Falounos do inmenso labor recollido baixo dúas palabras Monfero Solidario.
Outro modelo de educación pública.

Para que non perdan nadiña do que se falou, aquí está o arquivo coa entrevista.

1 comentário:

  1. Grazas a Penabade, Karina.. Regalarnos ese tronzito de corazón pra falar na radio con Teresa Losada e a peza músical "A cousa máis bela", de Serxio Dalma.. Deume un emoción por escoitar a Teresa.. Mil grazas.. Un abrazo..
    Lucía Rivas.

    ResponderEliminar