ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARTICIPA NO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN DOS NEOFALANTES EN RADIO BURELA
No cuarto programa Proxecto Neo, a convidada foi Catalina Sánchez Luengo (Mediadora cultural e Xerente da Fundación Expomar). Na entrevista participaron Laura Trelles (IES Perdouro) e Katerine Brito Tavares (IES Monte Castelo), por iniciativa dos respectivos Equipos de Dinamización Lingüística.
Nacida en Villanueva de la Serena (Badaxoz), Catalina Sánchez estudou Economía e Comercio en Madrid e Estocolmo. Chegou a Galiza en 1977 e foi fundadora dunha "comuna" perto da praia de Esteiro (Xove). Desde ese momento participou en primeira liña nos movimentos sociais preocupados pola contaminación emitida pola fábrica de Aluminio, opúxose activamente á implantación dunha central nuclear na Mariña e dinamizou a cultura desde o Concello de Cervo e desde A Zaranda, a célebre sala de Burela moi directamente relacionada coa Sala Nasa de Santiago.
Na tertulia falamos da Xeración Beatnick americana e da súa influencia en Europa (De Ginsberg e Kerouac a Bob Dylan), das emisións de flúor en Alúmina, do papel desempeñado polo cura de Burela na oposición á central nuclear, da etapa de Roberto Álvarez en Burela e Cervo...

Sem comentários:
Enviar um comentário