Celebramos o Día Mundial da Radio participando na iniciativa de Ponte nas Ondas.
Con motivo desta data tan especial, elaboramos un podcast no que contamos como traballamos en Proxecto Neo e, ademais, adiantamos un dos próximos temas que abordaremos na nosa programación semanal: A intelixencia artificial, proposta pola UNESCO como tema central nesta edición.
Unha experiencia máis para seguir aprendendo, comunicando e facendo radio!
Sem comentários:
Enviar um comentário