Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

27/10/22

Proxecto Neo, 362.12: Breogán F. Bouza; David L. Casas; Hugo F. Galdo; Amancio Liñares



Celebramos a incorporación de tres novas voces a Proxecto Neo. Trátase dos alumnos Breogán F. Bouza, David L. Casas e Hugo F. Galdo, os tres estudantes de 1º de ESO. Despois de recibilos no estudio, dedicámoslles unha canción do Grande Amore.
As entrevistas con estes mozos de entre 12 e 13 anos, Alba e Nerea conversaron co profesor Amancio Liñares, que falou sobre Ramón Piñeiro e que nos convidou a asistir a un ciclo de conferencias a celebrar durante todo o mes de novembro, todas elas centradas no prestixioso intelectual de Láncara e director da Editorial Galaxia.



20/10/22

Proxecto Neo, 361.12: Benjamim Outeiro ("O Brasileiro da Pedra")

 


Por xentileza de Rocío Candales e Séchu Sende, nesta emisión de Proxecto Neo recollemos unha conversa co escritor galego-brasileiro Benjamim Outeiro, orixinario do lugar da Pedra de Nemenzo (Santiago de Compostela).

Coa voz narradora de Nuria Ramos Cuba, minuto a minuto coñecemos o periplo vital dun galego de oitenta e nove anos que cruzou o Atlántico por primeira vez en 1951 a bordo dun barco arxentino.

05/10/22

Proxecto Neo, 360.12: Víctor F. Freixanes; Abrahám Rivera


Despois de que Carmen Castro nos fixese a Recomendación Literaria da semana, os "Aires de Pontevedra" na versión de Milladoiro abriron o camiño para que Nuria Ramos Cuba converse demoradamente co Presidente da Academia Galega. A estudante de Burela comezou a entrevista facendo unha alusión a dúas localidades que teñen o mesmo nome, cunha simple alteración gráfica: Borela (con -o-) e Burela (con -u); e coa resposta a esta pregunta o profesor mostrounos un ton tan próximo que conseguía cautivar a audiencia.
Na segunda parte do programa, o protagonismo centrouse no viveirés Abrahám Rivera, de Viveiro, colaborador nun curso de Artes Marciais a celebrar en San Cibrao nos próximos días 15 e 16 de outubro.