Temos unha nova entrega de Rádio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado ao Plano de Obesidade.
A primeira das entrevistas é con Alicia Rama García, traballadora social e Cristina Varela Penas, terapeuta ocupacional. Ambas, traballan na Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS) sendo as Responsables da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Con Alicia Rama e Cristina Varela conversamos sobre unha das grandes pandemias do século XXI: a Obesidade.
Inmediatamente a seguir falamos con Catalina Caamaño Isorna, farmaceutica do Centro de Saúde de Burela.
Con Catalina Caamaño conversamos para sabermos mais sobre o papel dos medicamentos no tratamento da obesidade.
Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante
Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.
26/03/25
20/03/25
Proxecto Neo 449.14 - Xulio Vizcaya e Ester Veiga (Mel do Trevo)
Os espazos colaborativos (A Noticia do Dia e Pilula das ciencias) abriron o programa 449 de Proxecto Neo.
Inmediatamente a seguir viaxamos ate Viana do Bolo para conversarmos con Xulio Vizcaya e Ester Veiga, responsábeis de Mel do Trevo.
Na primeira parte da entrevista conversamos co Xulio e a Ester sobre as súas orixes e o seu percurso vital e laboral. Na segunda parte abordamos como xurdiu o seu proxecto como apicultores. Falamos sobre os trámites necesarios para arrancar e de como evoluiu o proxecto.
![]() |
Xulio Vizcaya mostra o mel envasado e preparado para a venda á autora da entrevista, Manuela Pintor Vila-Verde |
![]() |
MEL DO TREVO: producido nas terras de Viana do Bolo, é mel galego etiquetado en galego |
12/03/25
Proxecto Neo 448.14 : Cristina Palacios Castro, Intercambio Xinzo de Limia, Viaxe ao Parlamento Europeo
Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha Pilula das ciencias.
A primeira das entrevistas foi con Cristina Palacios Castro, traballadora social e docente, foi unha das fundadoras da Asociación Arelas. Con ela falamos de Arelas, asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia que naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunidade autónoma onde esta realidade permanecía agochada e invisibilizada.
Inmediatamente a seguir falamos da primeira etapa do intercambio de lingua galega do IES Perdouro. O alumnado de 2º de ESO viaxou ata Xinzo de Limia para coñecer os seus homólogos do IES Cidade de Antioquía.
Xa na parte final do programa viaxamos ata o Parlamento europeu da man da Érica e da Nádia, dúas integrantes da massa coral Modelo Burela. Con elas conversaremos sobre a intervención dos seus compañeiros do IES Monte Castelo que participaron nese espazo de representatividade da UE dentro do programa Euroescola.
Subscrever:
Mensagens (Atom)