Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e unha Pilula das ciencias.
A primeira das entrevistas foi con Cristina Palacios Castro, traballadora social e docente, foi unha das fundadoras da Asociación Arelas. Con ela falamos de Arelas, asociación de familias de menores e mocidade Trans de Galicia que naceu en xullo de 2015 para loitar polos dereitos e dar a coñecer a realidade das crianzas e mocidade trans, nunha comunidade autónoma onde esta realidade permanecía agochada e invisibilizada.
Inmediatamente a seguir falamos da primeira etapa do intercambio de lingua galega do IES Perdouro. O alumnado de 2º de ESO viaxou ata Xinzo de Limia para coñecer os seus homólogos do IES Cidade de Antioquía.
Xa na parte final do programa viaxamos ata o Parlamento europeu da man da Érica e da Nádia, dúas integrantes da massa coral Modelo Burela. Con elas conversaremos sobre a intervención dos seus compañeiros do IES Monte Castelo que participaron nese espazo de representatividade da UE dentro do programa Euroescola.
Sem comentários:
Enviar um comentário