Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis.
Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias.
A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sobre a importancia de detectar os sinais dunha relación tóxica.
Inmediatamente a seguir falamos con Ana Fernández, matrona do centro de saúde de Burela e Ribadeo. Con ela conversamos para sabermos mais sobre saúde sexual. Aprenderemos cales son as chaves para termos unha relación saudábel, respeituosa e segura co noso corpo.
Sem comentários:
Enviar um comentário