Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

30/11/22

Proxecto Neo, 367.12: Paula Jorge Horta (Land Rober); Djennifer de Brito Semedo; Álvaro Díaz (Asoc. Tempo Novo - Elviña)




Paula Jorge Horta retornou ao Instituto Perdouro. Desta vez para falar de Educación inclusiva. De guiar a conversa ocupáronse Carme Gallo, Sara Villarquide e Hugo F. Galdo.
Unha das salas de aulas do instituto converteuse momentaneamente nun estudio radiofónico-audiovisual (Matías Nicieza gravou a sesión completa). O alumnado puido presenciar ao vivo a realización e tivo un excelente comportamento).
A protagonista da segunda parte foi a estudante Djennifer de Brito Semedo, que nos falou da súa participación no grupo musical Batuko Tabanka. Unha intervención colosal!
O terceiro protagonista foi Álvaro Díaz, profesor de Lingua Inglesa e parente de Ricardo Carvalho Calero. Un neofalante do século do século XX e outro do século XXI.
Brillante!
Paula no momento da entrada ao instituto. Mauro, Yuri, Íker, Ian, Patrick e Rubén non perderon a oportunidade de saudala e de tirar unha fotografía con ela.


24/11/22

Proxecto Neo, 366.12: Lúa Mariña Fernández; Jhonny F. Taboada; Oliva Sanluis Tejada


Abrimos o programa coa recomendación literaria feita polo profesor Manolo Carreira. Xusto despois escoitamos outra peza radiofónica que nos enviou o alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente.Desde A Estrada atendeu a nosa chamada a estudante Lúa Mariña Fernández, que nos falou dunha curiosa iniciativa surxida no IES Lousada Diéguez: o Samaín Creativo.
Do mesmo tema faláronnos Nuria Ramos Cuba e Jhonny F. Taboada.
Na parte final do programa conversamos con Oliva Sanluis Tejada, Orientadora do Instituto de Leixa (Ferrol).



16/11/22

Proxecto Neo, 365.12: Lourenço Gomes e Élter Carlos (UNIV. CABO VERDE); Dulce Fernández Graña (IES Eusebio da GUARDA)


Dous profesores e unha profesora de Cabo Verde estiveron durante dúas intensas xornadas en Burela. Primeiro visitaron o IES Monte Castelo, despois foron recibidos no Concello e, finalmente, estiveron coa comunidade educativa do IES Perdouro.Neste programa falamos cunha representación dos estudantes e do profesorado e, mais tarde, falamos tamén cos propios docentes convidados.
Na parte final do programa, conversamos con Dulce Fernández Graña, Catedrática de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Eusebio da Guarda, da Coruña.




09/11/22

Proxecto Neo, 364.12: Nuria Bouza; Moustapha Sarr



Abren o programa Paula López e David Otero cunha entrevista coa luguesa Nuria Bouza, xogadora e directora deportiva de Voleibol que traballa actualmente en Cataluña.

A entrevista está enmarcada dentro do Proxecta que leva por título "365 días de respecto e igualdade".
Xa na parte final do programa, conversamos con Moustaphá Sarr, estudante do 2º curso de ESO.


03/11/22

Proxecto Neo, 363.12: Germán Quintana Sanjurjo; Cristian G. Mesa; Laura G. Santiso



Proxecto Neo tivo a honra de abrir as portas da radiodifusión a un músico de 12 anos: Germán Quintana Sanjurjo. Primeiro propiciamos a audición da súa música e despois falamos demoradamente con el.
O seguinte convidado foi Cristian Gómez Mesa, integrante da Masa Coral Modelo Burela desde hai case dez anos. Estivo con nós con motivo da súa participación no Enreguéifate, unha iniciativa en que participa como docente.
A entrevista central do programa estivo protagonizada por Laura García Santiso, deseñadora de lápidas, con obra nos cemiterios de Burela e toda a súa área de influencia.