Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

15/10/25

Proxecto Neo 465.15: aRi[t]mar; Irene Rega Jul; Laura Ramos Cuba ; Lucía Ferro


Especial Día das escritoras 

Abrimos o programa nº465 cos habituais espazos colaborativos do programa: A noticia do día e A pílula científica.

O pasado 13 de outubro celebramos o décimo aniversario do día das escritoras. O programa foi unha oportunidade para celebrar a creación literaria feminina. Por iso tamén contamos cun espazo dedicado á poesía feita por mulleres nas dúas beiras do Miño. A galega Silvia Penas e a portuguesa Sílvia Mota, dúas voces con estilos distintos, mais unidas por unha mesma linguaxe, a da palabra que transforma e conmove, recitan para Proxecto Neo os poemas cos que gañaron a última edición do certame aRi[t]mar. 
Ademais Proxecto Neo contou coa presenza de tres escritoras mariñás: Irene Rega Jul, de San Cibrao; Laura Ramos Cuba de Burela e Lucía Ferro, de San Miguel de Reinante (Barreiros). Tres mulleres nadas na década dos 90, todas escritoras da Mariña.

Sem comentários:

Enviar um comentário