No programa 466.15 conversaremos con Mario Pillado Mon, actual tenente de alcaldesa en Burela polo Bloque Nacionalista Galego e adestrador do filial e xuvenil feminino do Burela Fútbol Sala. Con el falamos dos seus inicios, do seu gusto pola política e do seu compromiso coa mocidade e coa inmigración, tarefas das que se ocupa desde a súa concellería.
Inmediatamente a seguir tivemos a Jairo Campo Vázquez, profesor de Educación Física, segundo adestrador do Burela feminino de primeira división do Burela FS e actual director do CEIP Plurilingue Os Castros de Burela. Con el conversamos sobre educación e disciplina mais tamén sobre fútbol, a súa outra paixón.
![]() |
Sem comentários:
Enviar um comentário