Hoxe traemos unha entrega moi especial, porque imos viaxar a través das palabras, das linguas e das súas pontes. A semana pasada celebramos o Día Europeo das Linguas e non queriamos deixar pasar a ocasión de reflexionar sobre a diversidade lingüística, a aprendizaxe e a mediación entre culturas. Para iso, contamos esta tarde con dúas convidadas de excepción:
Na primeira entrevista conversamos con María López Sández, académica da Real Academia Galega. É filóloga e escritora e actualmente é profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. Con ela falamos da paisaxe como construción cultural na literatura galega: como o espazo moldea a identidade e a narrativa. Preguntámoslle sobre o papel importante da Real Academia Galega en prol da normalización lingüística.
Inmediatamente a seguir tivemos con nós a Sofía Barreira, unha neofalante de 16 anos que vive en Edimburgo, mais que medra co corazón en Lourenzá. Contounos a súa experiencia vital coa lingua galega e con outras linguas da súa contorna e explicounos como se desenvolve a vida dunha estudante nun instituto de Escocia.
Sem comentários:
Enviar um comentário