Para conmemorar o pasado 19 de outubro, o Día contra o cancro de mama, conversamos con Sol Galdo Sánchez, profesora de Bioloxía, que exerce no IES Vilar Ponte de Viveiro. Con ela falamos da súa historia de superación, compromiso e solidariedade tras afrontar un cancro de mama.
Na segunda parte do programa tivemos no estudio a Pepe Lastra Muruais, mestre xubilado da Pontenova. Publicou libros de texto en galego e tamén foi autor do Diccionario Xerais da Lingua, que era recurso obrigado en todos os centros. É membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, organización da cal é o actual presidente. Con el falamos da súa traxectoria profesional e asociativa.


Sem comentários:
Enviar um comentário