Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

21/01/26

Proxecto Neo 476.15: Sargadelos

Comezamos o programa coa Noticia do Día.

O programa 476 estivo dedicado a Sargadelos.

Na primeira parte do programa falamos con tres integrantes de Avelaíña Teatro: Antón Lamapereira, Miguel Anxo Martín e Xabier Fernández. Con eles falaremos da obra As máscaras de Ibañez. O marqués de Sargadelos que nunca foi. 

Na segunda parte do programa, falamos con Andrea Mariz, profesora de Educación Pĺástica e Visual no IES Perdouro de Burela e con Uxía Oroza, unha das súas alumnas. Preguntámoslle pola elaboración e deseño do calendario anual do centro. Seguindo a recomendación da Asesoría de Bibliotecas escolares para este curso, Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade, quixemos facer unha pequena homenaxe ao noso patrimonio local e dedicar o noso calendario os deseños elaborados polos artistas da marca de cerámica de Sargadelos. 

Xa na parte final do programa, tivemos a Pepe Blanco, artista mariñán e deseñador cunha longa traxectoria na fábrica de Sargadelos e coñecido tamén polas súas creacións inspiradas nas súas propias vivencias e nas tradicións da nosa terra. Con el falamos dos principais deseñadores de Sargadelos: dos impulsores do seu renacemento nos anos sesenta, Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, así como de figuras esenciais como Xosé Vizoso e o propio Pepe Blanco, que contribuíron decisivamente aos deseños característicos desta cerámica de renome internacional.





Sem comentários:

Enviar um comentário