Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

09/01/25

Proxecto Neo 441: Viaxe a Cabo Verde con Bernardo Penabade



Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, estivo con nós Bernardo Penabade para falarnos sobre a viaxe que realizou no pasado mes de novembro ao país do Atlántico africano.
Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Coñecemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário, das escolas de ensino secundário e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra; e falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde.
Tamén conversamos sobre os encontros co Presidente da República, coas escritoras Vera Duarte e Analina Rocha, co antropólogo João Lopes Filho e co escritor Joaquim Arena; e sobre a visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa e xénese da independencia de Cabo Verde.

Sem comentários:

Enviar um comentário