Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

10/11/26

Proxecto Neo nº 502 - Manuel Gago e Beatriz Pérez Mosquera

Abrimos o programa coa segunda parte da entrevista a Manuel Gago, realizada no Consello da Cultura Galega o mes pasado para celebrar que Proxecto Neo alcanzaba os 500 programas.

Na segunda parte do programa falamos con Beatriz Pérez Mosquera, técnica de son do Consello da Cultura Galega e cantautora. Comezou nesta institución hai trinta anos, formando parte do Arquivo Sonoro de Galicia, onde dixitalizou os documentos sonoros máis relevantes da nosa cultura. Tamén é responsable da gravación e da cobertura técnica dos eventos que teñen lugar no Consello da Cultura. Con ela, falamos da súa traxectoria profesional e da faceta de cantautora de Bea, a de Estrella. Este é o nome artístico dunha cantadora e contadora de historias,que é como ela mesma se describe.

Sem comentários:

Enviar um comentário