Co "Vento nas velas" comezamos a navegación en dirección a Cambados. Alí atendeunos Naomi Rey, a autora da canción que lle serviu de sintonía á recente edición dos 21 Días co Galego e+.
Despois dunha peza musical de Xoana Veiga, Proxecto Neo retornou para o norte e fixo parada en Cee. A primera parada fixémola na casa de Álex Quintáns, alumno de 1º de ESO no Instituto Agra de Raíces.
Na mesma localidade de Cee fixemos unha segunda parada, desta vez con Xulia Lamela, que colaborou con nós para facermos un singular comentario de texto a través das ondas.
Vista do nicho en que repousan as cinzas de Lucía Miguéns Coiradas no cemiterio de Cee. En primeiro plano está o poema comentado. |
Poema de Xosé Iglesias (Cee, 1974) dedicado á súa tía Lucía Miguéns Coiradas, unha comercializadora de peixe moi coñecida en toda a Costa da Morte. |
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderEliminar