Neste programa especial dedicado a Rosalía de Castro, contamos co recitado de varios poemas nas voces de alumnos de 6º curso do Colexio Virxe do Carme.
Inmediatamente despois, conversamos no estudio con Pilar SALAS, profesora intercultural, recentemente incorporada ao Instituto Perdouro.
Na segunda parte, o noso convidado é o profesor Alberto Pombo, con quen celebramos o comezo dos 21 Días co galego... e máis!
Alberto Pombo é músico, do grupo de metal "Avante" e fotógrafo artístico. Foi director da galería SalaSal e codirector do festival internacional de fotografía Visións, da Cidade da Coruña. Neste programa está con nós en calidade de educador.
Sem comentários:
Enviar um comentário