DE BURELA A RIANXO
A TRAVÉS DAS ONDAS
PALABRAS DE SAÚDO DA EXPEDICIÓN DO IES FÉLIX MURIEL
Valentina Formoso
Estamos encantados de estar hoxe en Burela e moi agradecidos do acollemento.
Desde
o curso 2004-2005 levamos facendo intercambio co alumnado que é membro
do ENDL. Esta actividade vén sendo un premio ao traballo de todo o curso
para este alumnado pero tamén está concibida como unha actividade
educativa e didáctica. Polo tanto vimos aprender hoxe de como se
desenvolve o labor normalizador do centro de ensino de referencia, e non
só no ensino é referencia o ENDL do IES Perdouro, senón no conxunto da
sociedade.
A verdade é que desde que soubemos o proxecto deste IES cando lle
concederon o primeiro de múltiples premios de innovación, sempre
quixemos vir coñecer o seu labor de primeira man, así que hoxe, que por
fin estamos aquí, só podemos estar moi contentos.
Tiñamos ademais moito interese en ver como traballabades coa
radio, por iso a visita está a ser do máis completa, polo que reitero o
noso agradecemento.
Sem comentários:
Enviar um comentário