Vista dunha parte da mesa do programa: Simón R. Rouco; Bernardo Penabade; Maca Ledo; Karina Parga; e Diego Larrosa.
Programa de protagonismo feminino. Falamos con dúas mulleres neofalantes, ambas personalidades moi relevantes: unha que chegou de Valladolid e a outra que naceu e vive en Ferrol. Outra muller -profesora de Lingua e Literatura- tributou homenaxe á República coa lectura dun fragmento do Que me queres, Amor? de Manuel Rivas.
Helena Valle puxo voz ás palabras do xornalista Ramón Mariño publicadas no Praza Pública e con elas presentou a protagonista da primeira das entrevistas:
Begoña Díez Sanz naceu en Valladolid. Leva máis dunha década vivindo en Galicia e agora, logo dun proceso de auto-inmersión lingüística, é galego-falante. Mais non quedou a cousa aí senón que vén de publicar o que é o seu primeiro traballo poético. E fíxoo en galego. En Camarada: eu só quería facer algo bonito atopamos varias voces poéticas coa orixe na mesma autora, desde a sensual ata a máis reivindicativa, pasando pola íntima e persoal.

A mesma Helena co apoio de Simón R. Rouco tamén nos presentou a segunda contertulia, a profesora e poeta Rosa Méndez Fonte:
HELENA:
Rosa Méndez Fonte (de Ferrol), é especialista en Patrimonio e Sociedade, e doutora pola Universidade da Coruña. Tras anos dedicada exclusivamente á investigación –por exemplo na Universidade Fernando Pessoa (do Porto)-, no momento actual compaxínaa coa docencia en Educación Secundaria.
SIMÓN:Os traballos da profesora Rosa Méndez profundan no patrimonio (histórico, artístico, etnolóxico e da memoria) e a súa relación coa sociedade, do mesmo modo que presta tamén especial atención ao desenvolvemento da historia do patrimonio arquitectónico de Galicia.
HELENA: Rosa Méndez Fonte é autora de varios libros, coordinadora doutros e posúe tamén numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. A súa obra A conservación dos monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940) obtivo o “Premio da Real Academia de Doutores Concepción Arenal” convocado pola Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol.
Sem comentários:
Enviar um comentário