Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

13/02/13

Proxecto Neo nº43.2 - Xosé María Torres + Xaime Varela

Neste Mércores de Cinzas, fixemos un moi colorido programa de Entroido.

Na primeira parte da emisión, falamos con Xosé María Torres Bouza. Farmacéutico, é licenciado pola Universidade de Santiago con especialidades en Farmacia Industrial e Galénica. Foi profesor de formación profesional entre os anos 1998 e 2008. Xusto desde ese ano 2008, é titular de farmacia en Ortigueira. Traballou colaborando en Galiza como delegado da ONG Farmacéuticos Mundi en varias ocasións e foi Delegado da Xunta Reitora estatal. Presidiu a Coordinadora Galega de ONG's. Actualmente impulsa e participa na comisión social dunha iniciativa de banca ética CooP57.

Na segunda parte do programa viaxamos ao Reino Unido. Fomos ao barrio de Portobello Road en Londres para entrevistarnos co profesor Xaime Varela Sieiro do instituto español Vicente Cañada Blanch, un centro que ofrece ensino en galego desde 1991. Xaime leva 3 anos dinamizando a lingua e cultura galega entre o seu alumnado preuniversitario e mantén o blogue Fala Londres, onde atapamos as múltiples actividades que impulsa a área de Galego.

Acabamos o programa falando con Tania García, unha alumna de 4º ESO do mesmo centro educativo, que nos contou como é a vida de estudante nun centro español en  Londres.

Aquí está o audio do programa: http://www.ustream.tv/recorded/29244730

4 comentários:

  1. Estábamos emocionados escoitando a forza coa que Xosé María Torres nos explicaba as iniciativas solidarias das ONG's galegas. Esa emoción mantívose ao coñecer toda a serie de iniciativas de que nos falou Xaime Varela. Pois aínda chegaría un momento máis intenso: a entrevista a Tania García. Unha moza brillante. Parabéns para a familia, compartidos con toda comunidade educativa do Colexio Cañada Blanch.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Xosé María. Somos nós quen agradecemos, máis unha vez, a túa disponibilidade para colaborar co Proxecto Neo. Os micros do programa están abertos para todas as iniciativas das ONG's. Facédenolas chegar.

    ResponderEliminar