Comezamos o programa facendo unha valoración da iniciativa solidaria de axuda á Fundación Uno Entre Cien Mil (para a investigación en materia de leucemia infantil). Ademais de conversar coas nosas alumnas Laura e Ángela, puxémonos en comunicación con Eduardo Schell, director de comunicación da entidade organizadora da campaña.
Inmediatamente despois, o protagonismo é todo para as sementes de entre 8 e 12 anos. Falamos con Artai Miragaia Valencia, alumno do CEIP San Pedro de Visma, da Coruña; despois pasamos ao CEIP nº 1 de Foz; ao Lois Tobío de Viveiro e ao Abelendo de Moaña.
Sem comentários:
Enviar um comentário