Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

25/02/15

Proxecto Neo nº 116.4 - Programa Especial "Moitas Grazas"




"Por favor" e "Moitas grazas" eran as palabras-clave da primeira das cancións do programa número 116. Por que? Porque, no momento en que decidimos concorrer ao certame de cuñas radiofónicas promovido por Educo-Educación sen Fronteiras, tivemos que pedir favores a moitas persoas. Só así puidemos presentar os traballos.
Agora, pois, correspondía dar as grazas por todos os apoios: á dirección do Instituto Perdouro, a Radio Burela, ás profesoras Karina Parga e Fina Rodríguez e a todas e cada unha das 688 persoas que votaron a nosa opción.
Iso foi o que fixeron Álex Landim Correia, Kátia e Carla da Veiga Gomes, Silvera V. de Oliveira, Carolina Arcila Arenas e Noelia Parga Gaitica.
Ao longo do programa escoitamos as intervencións de Karina Parga (vicedirectora do IES Perdouro) e de Miguel Rodríguez (Técnico de Educación para o Desenvolvemento).
Nos últimos minutos fixemos balance da participación no Maratón de Lectura organizado polo C. C. Buril, onde estivemos lendo Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz.

Sem comentários:

Enviar um comentário