Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

18/12/24

Proxecto Neo 440.14: Radio Saúde: Consellos para festas saudables (Maite Lanza; Montserrat Corral; José Luís Fernández)



Abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do Día e Horrografía.
Xusto a seguir iniciamos o último programa do mes cunha nova entrega de Radio Saúde Burela que esta tarde puxo o foco en orientarnos para podermos gozar dunhas festas responsables.
Ofreceunos a visión panorámica Maite Lanza, da Unidade de Drogodependencia, e colaboradora habitual do programa. Con Maite Lanza falamos sobre o traballo que desenvolve esa Unidade no ámbito da Mariña.
Inmediatamente a seguir, falamos con Montserrat Corral Varela, profesora de Neuro Psicoloxía na faculdade de Psicoloxía, na Universidade de Santiago. Coa Doutora Corral abordamos como afecta o consumo de drogas ao cerebro, principalmente na adolescencia.
Xa na parte final, tamén nos acompañou no estudio José Luis Fernández Fernández, médico de familia no Hospital da Costa. O Doutor Fernández falounos dos riscos directos e indirectos para a saúde provocados polo consumo de diferentes drogas.



12/12/24

Proxecto Neo 439.11: Manuel Rivero; Ana Carreira; Xulio Oitavén


Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia do DÍA e A pílula científica.
Comezamos o programa desta tarde conmemorando o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares de Galicia cunha entrevista a Manuel Rivero. Con quen falamos sobre o seu libro “Universo Aurora Sampedro”, onde fai un repaso sobre a vida desta científica mariñá.
Inmeditamente a seguir estivemos con Ana Carreira, con ela conversamos sobre o obradoiro de escrita creativa que impartiu no pasado 16 de novembro no Perdouro.
O obxectivo dese obradoiro foi elaborar un manifesto que, xunto con outros, servirán de base para que Maria Lado redacte o manifesto final do Correlingua do ano 2025.
Xa na parte final do programa desta tarde acompañounos novamente no estudio, Xulio César Ares Oitavén. Con el conversamos hoxe sobre as súas prácticas deportivas: o enduro e a pesca submarina.

05/12/24

Proxecto Neo 438.14: VioXen; Alicia Lage; Xulio César Ares Oitavén.


Comezamos o mes de decembro facendo divulgación das actividades celebradas á volta do 25 de novembro (25-N). A primeira delas chegou do profesor Fernando Losada: unha crónica introducida por Miriam Beizena Vigo e realizada polo alunado de 1º de BAC que viaxou a Santiago de Compostela para participar nun acto institucional organizado pola Consellería de Igualdade.
Inmediatamente a seguir ouvimos unha entrevista con integrantes de VioXén, o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero. Os alumnos de 4º PDC conversaron con María del Mar e Francisco Javier, que nos explicaron o seu labor neste ámbito.
A segunda parte do programa desta semana estivo dedicada á educación na diversidade. Para falarmos do tema, contamos no estudio con dous convidados: Alicia Lage e Xulio César Ares Oitavén.
Con eles conversamos sobre as súas funcións na atención á diversidade no ámbito da educación.

28/11/24

Proxecto Neo 437.14: Radio Saúde Burela: Rocío Valle Fraga e Minda Lusquiños Garrido


Como temos por costume, abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e o especial astronomía.

Inmediatamente despois, como todos os últimos mércores do mes tivemos unha nova entrega de Radio Saúde Burela. Nesta ocasión estivo dedicada á denuncia da violencia de xénero.
Acompañáronnos no estudio dúas convidadas: Rocío Valle Fraga, asesora xurídica do CIM de Burela, e Arminda Lusquiños Garrido, traballadora social do Centro de Saúde e sexóloga.

Con elas conversamos sobre as súas funcións na atención de mulleres vítimas de violencia machista e abordamos con que ferramentas podemos traballar para dar apoio ás vítimas.



21/11/24

Proxecto Neo 436.14: Josefino Quedi Barbosa Brandão; Denís Gutiérrez; Marcos Bermúdez.

Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomia. Inmediatamente despois, por xentileza do profesor Bernardo Penabade, que estes dias está em Cabo Verde, ouvimos unha magnífica entrevista co director da escola Agrupamento II Complexo Educativo do Salineiro, na illa de Santiago, en Cabo Verde. Josefino Quedi Barbosa Brandão, falounos sobre como funciona unha escola de ensino secundário caboverdiana. Na parte final do programa falamos con Denís Gutiérrez, coordinador do programa Erasmus +, e con Marcos Bermúdez, aluno beneficiario do programa, que nos contou en primeira persoa como foi a súa experiencia nun centro de traballo no estranxeiro.

14/11/24

Proxecto Neo: 435.14 Javier Miranda; Cristina Castro.




Esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía. Imediatamente depois oímos os dous audiorrelatos finalistas do Samaín, feitos polos alumnos Alba Fernández Quelle, de 1º de bacharelato, e Abraham Díaz Palacios, de 4º PDC. Na parte central do programa de hoxe conversamos con Javier Miranda, un xoven agricultor con moita vontade de traballar e ver producir as pequenas e fértiles “Terras de Miranda”, situadas na Mariña Lucence. Con este xoven emprendedor de Riotorto falamos hoxe da experiencia na súa empresa, un exemplo de profesionalización no sector da horta. Xa na parte final do programa falamos con Cristina Castro, esta artista galega, autodidacta da pintura e fotografía, afincada en Ourol. Con ela falamos da exposición "Sobre as nosas cabezas" que estes días pode ser visitada na Casa da Cultura de Burela. Un traballo que aborda a carga e desigualdade que sofren as mulleres en moitas culturas.

07/11/24

Proxecto Neo 434.14: Alejandro Fernández; Luz Aída Quiroga; Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga; Marta Ledo Xardón.

 

Como temos por costume, esta semana tamén abrimos o programa cos espazos colaborativos: A noticia da Semana e a sección de Astronomía.
Inmediatamente despois da primeira música, por xentileza da profesora Lara Oliveros, tivemos unha magnífica entrevista que aborda o desenvolvemento económico no ámbito rural.
Alejandro Fernández Reigosa, de Ferreira do Valadouro, presentounos unha empresa de produción de carne de vacún ecolóxica.
O noso programa de diálogo entre culturas estivo centrado na experiencia dunha familia de orixe colombiana, residente en Burela.
Acompañounos no estudio, Luz Aída Quiroga Delgado, chegada á nosa terra en 2006; e a súa filla, Yahaira Shirley Castiñeira Quiroga.
Con Luz Aída e Yahaira falamos na parte central de Proxecto Neo.
Na parte final do programa viaxamos a Asturias para falarmos con Marta Ledo Jardón, poeta, integrante da Asociación Axuntar.
A Asociación Axuntar celebrou recentemente un encontro en Castropol: a entrega dos premios que levan o seu nome.