Outro programa conducido man a man por Maca Ledo e Simón Rodríguez Rouco, que estiveron estreitamente apoiados por Helena Valle, Serxio Rivas e Diego Larrosa. Ademais, contamos de novo coa colaboración de Safou Housni Bahi-Edine. Como sempre, a reportaxe gráfica estivo realizada pola nosa Lucía Rivas, peza fundamental do Proxecto Neo.
Entramos no programa dedicado ás persoas que compoñen e interpretan a música a través dunha das pezas do primeiro disco de Andrés, o Grande Mago do Acordeón (o compositor e intérprete de Crossing). Escollemos unha cantada e así escoitamos ao mesmo tempo a voz de Arantxa Bouza, unha futura Educadora Social orixinaria de Cedeira.
Despois da primeira das músicas, entramos en conversa con Xesús Villarino, o profesor do Instituto Perdouro que pertence ao elenco artístico de Milesios, a banda galega que fai música ao estilo irlandés. Recreámonos no seu primeiro disco, unha verdadeira síntese das artes: a poesía, a fotografía, o deseño gráfico... e a música!
Como Xesús Villarino -un poderoso chafariz musical- nos deleitou cun torrente de palabras cargadas de entusiasmo, despedimos a entrevista escoitando a peza Alén Mar. Antes diso, fomos testemuñas dun dos momentos máis especiais do programa: Karina Parga púxolle voz a un poema de Nerea Pallares (excelente escritora); e Safou Housni "recitando" un anaquiño da prosa de Darío Xoán Cabana.
Na parte final do programa recollemos a colaboración de Norberto Leivas, profesor do Colexio Sal Lence da Coruña. Como tíñamos pouco tempo, felicitámolo polo traballo audiovisual que lle fixo ao grupo Milesios. Iso si: acabamos sabendo algo máis das súas incursións no cinema. Ficounos claro que é unha desas persoas que debemos seguir, porque en calquera momento presenta unha nova iniciativa cultural.
Os últimos minutos reservámolos para escoitar a profesora Dolores Otero, a Doutora en Bioloxía que se decidiu polo amor á Música e que exerce a docencia desta materia no Instituto Perdouro. Con ela falamos de pedagoxía musical nas vésperas de asistirmos a un concerto didáctico da Orquestra Sinfónica de Galiza.

Sem comentários:
Enviar um comentário