Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

24/06/26

Proxecto Neo nº 496.15 - Neves Cando e Oferta educativa do IES Perdouro (Parte 2)

Hoxe é o noso último programa do curso 25-26. Neste día de San Xoán, Sonia Rey xunto ao seu alumnado de 4º de ESO despiden o programa coa Palabra do mes

Na primeira parte do programa, falamos con Neves Cando López, profesora de Lingua e Literatura Galega, que leva case 34 anos dando clase no IES Perdouro e decidiu xubilarse este mesmo curso. 

Na segunda parte do programa, imos conversar co profesorado de varios ciclos de formación profesional do noso centro, para que nos vaian informando da oferta académica de cara ao vindeiro curso. 

Falamos con Javier Rouco do departamento de Imaxe Persoal e con Juan Insua e Ana Patricia Anaya, do departamento de Administración. 


Sem comentários:

Enviar um comentário