Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

28/04/22

Proxecto Neo, 348.11: Día do libro; Fran Bouso (Mondoñedo é!); Erín Agustí; Xulio Pardo de Neira


Celebramos o Día do Libro cunha colaboración que nos chegou desde o Colexio dos Castros, en Burela. Inmediatamente despois, viaxamos á capital da Mariña para coñecermos o programa da xornada Mondoñedo é Poesía. Fran Bouso encargouse de facer un percorrido por esta iniciativa de dinamización cultural e convidounos a asistir á presente edición a celebrar o domingo, día 1 de maio.Durante uns minutos, coñecemos a nosa nova colaboradora Erín Agustí López, alumna do Instituto Monte Castelo.
O programa finalizouc unha entrevista ao escritor e pedagogo Xulio Pardo de Neira, que nos animou á lectura de tres dos seus últimos libros publicados.

20/04/22

Proxecto Neo, 347.11: Juan Farroñán Villalba; Lucía Gómez Álvarez; Santiago Raimundi; Borxa Freiría; Arián Quinteiro


Abrimos a celebración das Letras Galegas na honra de Florencio Delgado Gurriarán. Neste programa participan os estudantes Juan Farroñán Villalba e Yorel Ladra Ballesteros; a profesora Lucía Gómez Álvarez, autora de Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo (Ed. Galaxia); e tres representantes de Kaito Studio, a produtora audiovisual que está en proceso de gravación da peza documental que leva por título #Gurriarán.


Foto de grupono exterior da Casa da Xuventude. A masa coral Modelo Burela está acompañada polos integrantes do equipo de gravación de Kaito Studio, que se desprazaron á Mariña para preparar un traballo audiovisual sobre a celebración das Letras Galegas 



















06/04/22

Proxecto Neo, 346.11: Marcos Abalde e Belén Roca Fortúnez (IES Concepción Arenal); María Álvares Rei (Novas da Galiza)

 

Se na semana pasada facíamos homenaxe á pedagoga Antía Cal e a intervención educativa Ponte nas Ondas, nesta semana retomamos a información sobre o Desafío Galego, organizado no Instituto Concepción Arenal (Ferrol). Xunto coas entrevistas a Marcos Abalde e Belén Roca Fortúnez, docentes, tamén conversamos coa xornalista María Álvares Rei, do Novas da Galiza. A través das súas palabras coñecemos Outonía, unha magnífica aposta polo desenvolvemento sustentável do rural.