Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

18/06/26

Proxecto Neo nº 495.15 - Oferta educativa do IES Perdouro (Parte 1)

Como cada semana, comezamos cos nosos espazos colaborativos: A Noticia do Día e Unha pílula ds ciencias.

Inmediatamente a seguir, informamos sobre unha parte da oferta educativa do IES Perdouro de Burela para o curso que ven. Para iso, falamos con Félix Pardo Fidalgo, Xefe do Departamento de Instalación e Mantemento; David Martínez Anllo, profesor do departamento de Mecanizado e do Curso de Especialización en Fabricación aditiva e Andrés González Tella, profesor do departamento de Electrónica e ao seu alumno Izan Loredo

Na segunda parte do programa, escoitamos os micropodcasts do obradoiro de radio que realizamos aos compañeiros que visitaron o estudio durante a nosa feira, TecnoCienciArte, celebrada o pasado 1 de xuño. 


 

Sem comentários:

Enviar um comentário