Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

09/11/16

Proxecto Neo, 172.6: Francisco Piñeiro González


  
Aproximámonos ás 175 entregas, que corresponden a outras tantas semanas en antena. Desta vez tíñamos a formación de gala para recibir a vista de Francisco Piñeiro González, o mestre Paco Piñeiro
Despois dunha presentación do programa feita con velocidade vertixinosa, escoitamos unha breve presentación do entrevistado feita por Felipe Díaz Valle ("O Caxoto Cativo") e complementada polas palabras de Alba Geada. Co apoio da música contextual de Carme R. Lage, que nos interpretou "Sempre Mondoñedo", botamos a andar.

Despois tomou a palabra o orador do Reguengo, que se presentou como neno labrego que ía á escola "cando quería e cando podía" e que nos falou dun acto "de xustiza pola man". Despois combinamos o discurso fluído do convidado coas palabras emocionadas de Fran Barcia, de Josita Enríquez Echevarría, de Luján Ramos Ben, de Laura Rodriguez e de Lorena Barcia.

No final, en representación dunha longa ringleira de alumnado falamos tamén con Antón Díaz Valle, Antón Caxoto, que neste programa colaborou con nós tamén en tarefas de produción.

Unha hora de radio e educativa.

2 comentários:

  1. parabéns ao homenaxeado Paco Piñeiro ilustre "reguenguiano" da Comarca de Mondoñedo... grande como mestre e dramaturgo ainda que polifacético como os do Renacimento en todalas artes... pero sobre todo home bo e xeneroso... que a similitude de Manuel Leiras podese decir que "ama a verdade e practica o ben"
    parabéns tamén pola laboura de Bernardo Penabade e o seu equipo: Karina, Matias e os rapaces de Proxecto Neo
    todo un exemplo a seguir.

    ResponderEliminar
  2. Moi grande Paco Piñeiro!!!! faise querer!

    ResponderEliminar