Nace Proxecto Neo

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro.
Estamos en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo en
Radio Burela
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra, especialmente de Burela.

24/12/13

Boas Festas

PUNTO DE ENCONTRO

Desde o día 4 de xaneiro de 2012, Proxecto Neo leva ás ondas cada semana unha mensaxe cargada de boa disposición para a convivencia en pé de igualdade; e de educación en valores como o orgullo polo propio e o coñecemento e o recoñecemento polo dos demais.
Sirva esta fotografía de Maca Ledo Vázquez mostrando un exemplar de Termodonte e outros contos, de Begoña Martín Acero, como mostra da nosa vontade de continuarmos servindo de punto de encontro.
Boas Festas!!
Proxecto Neo

1 comentário:

  1. Mira que guapa estás, rodeada de tantos instrumentos musicais e acompañada por Termodonte! Todo un honor! MOITAS GRAZAS a todos e en especial a ti, Maca.
    Unha forte aperta e un "chuchín" (como se di en ANT!!!).
    Begoña Martín Acero.

    ResponderEliminar