O Proxecto Neo 47.2 foi feito en circunstancias especiais. Faltaba a condutora habitual. Karina Parga está en plena acollida dos nosos parceiros bretóns, que andan practicando a multiculturalidade pola nosa terra.
A Karina dedicámoslle unha canción, en dedicatoria compartillada con Aitor, Xoel, Simón, Gabi e Xeila (que se ocuparon da condución).
Despois dos preámbulos, falamos con Rocío Villasenín Bello, a quen definimos como unha fábrica de vacinas contra o pesimismo. Un orgullo para o CPI Viaño Pequeno, porque a moza é moi faladora, moi simpática e -sobre todo- moi moi sensata.
Na segunda parte do programa, falamos de educación social con Nathalie Novak.
Nathalie Nowak, educadora social do Centro de Orientación Laboral da localidade alemá de Augsburgo, chegou a Burela recentemente. Aínda que descoñecía a nosa localidade, a convidada pode ser cualificada como persoa “Modelo Burela”, porque toda a súa vida é un cruzamento de camiños.
De interculturalidade falamos con ela, ao tempo que a coñecemos persoalmente.
Este o enlace para ouvir o programa.
Este o enlace para ouvir o programa.
Noraboa compañeiros. Fermoso programa. Moi obrigada.
ResponderEliminar