Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

06/03/13

Proxecto Neo nº 46.2 - Driss Daki & Dani Ladra


Mércores 6 de marzo. Comezamos cuns problemas técnicos e iso obstaculizou o ritmo da primeira parte do programa. Mais superamos a adversidade, porque tíñamos moita forza vital no estudio de Radio Burela. Con nós estiveron Xeila, Serxio, Alicia, Paulo, Andrés e Simón.
A primeira convidada foi a nosa ex-alumna Lucía RivasCon ela recordamos diversas vivencias, moi especialmente as relacionadas coa revista Maruxía.  Despois Lucía ocupouse de seleccionar e comentar a música do programa.
Coa condución de Simón falamos con Driss Daki, alumno de 4º de ESO do IES Leiras Pulpeiro de Lugo. Este mozo leva dous anos en Galicia e deféndese moi ben no idioma galego. Foi moi capaz, incluso, de bromear con nós, xogando co dobre sentido da linguaxe.
Driss fai parte dun grupo de adolescentes e coordina tertulias especializadas na tématica de Xapón, moi especialmente do manga e do anime do país do sol nacente.
Na segunda parte do programa demos a coñecer o blog do escritor galego-arxentino Jorge Rodríguez. Inmediatamente despois, viaxamos a Londres para entrevistarnos con Dani Ladra, técnico do Baku United da liga inglesa de fútbol Sala. O rapaz de Celeiro abriunos o seu corazón. Falounos da súa familia, do Cefire de Fútbol Sala, da súa experiencia inglesa e de moitos asuntos máis.

3 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Esperamos que Lucía Rivas nos acompañe de novo como fotógrafa e que nos faga unha sesión das que ela sabe facer. Daquela aínda habemos saír máis guapos!!!

    ResponderEliminar
  3. Mira que guapos saimos... Grazas a Proxecto Neo por poñer a foto xenial... E tamén grazas por ser a fotográfa oficial do Proxecto Neo...

    Un abrazo de Lucía Rivas.

    ResponderEliminar