Águeda Barcia Iravedra, nacida en San Cosme de Barreiros, reside desde os oito anos en Burela, onde os seus pais exerceron de mestres.
Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, desde 1980 exerceu como profesora de Bioloxía e Xeoloxía no instituto “Monte Castelo” de Burela, despois de ter impartido docencia nos institutos de Cariño e Ortigueira.
Paralelamente ao desenvolvemento das súas clases, realiza visitas didácticas á zona xeolóxica como ambiente incomparable para facer clases prácticas. Alén do labor docente, colabora co Concello de Burela na difusión do coñecemento da zona e na súa explicación acompañando os numerosos grupos que visitan este lugar.
No ámbito asociativo, desempeñou o cargo de presidenta da Asociación de Veciños “O Vencello” durante a década dos noventa e, desde a súa fundación, é a presidenta da asociación micolóxica “Cantareliña”.
Neste programa participan moi destacadamente Xoel Geada, Gabriel Bermúdez e Aitor López, que se encargou de realizar unha entrevista virtual á foto-xornalista galega Ana Durán, residente en Tabasco (México).
Da parte técnica ocupouse Juan Andrés Sainz Evans, que tivo como acompañante a Víctor Cabarcos Val.
Aquí está disponíbel o arquivo de audio.
Grazas a Julia Labrador por esta magnífica reportaxe fotográfica.
Grazas a Julia Labrador por esta magnífica reportaxe fotográfica.
Sem comentários:
Enviar um comentário