Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

04/11/26

Proxecto Neo nº 501 - Manuel Gago

Abrimos o programa 501 con tres desacougantes relatos para celebrar o Samaín. Os seus autores foron Erea Campo, Abel Menéndez e Noel Rodríguez, de 1º ESO.

No programa 500 viaxamos ata o Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Dalquela falabamos coa presidenta do Consello da Cultura Galega no pazo de Raxoi e, a continuación, tivemos ocasión de conversar con Manuel Gago Mariño, xornalista, profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, escritor e divulgador. No programa de hoxe falaremos da súa experiencia como docente, do ciberxornalismo e tamén da súa faceta como autor e comunicador, sempre atento ás posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para contar e comprender o mundo que nos rodea.