Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e A Pílula das ciencias. Mais antes de entrar en materia, ao longo deste mes de novembro seguimos poñer os pelos de punta coa nosa sección de Audiorrelatos de medo do Samaín. Ouviamos os audiorelatos de Leonor e de Isaías.
Co gallo do mes da Ciencia en galego, a primeira convidada desta tarde foi a doutora en neurociencias Ana Dorrego Rivas. Natural de Barreiros, hoxe reside en Londres. Con ela falamos do porqué da fuga de cerebros e da súa investigación en neurociencia. Detallounos o estudo que está coliderando sobre o desenvolvemento do noso cerebro e de como procesa os olores.
Mais novembro é tamén o mes do 25N e entrevistamos Hector Méndez Fernández, psicólogo e Garda Civil da comandancia de Lugo e formador do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade. El visítanos cada ano impartindo charlas de sensibilización de diversas temáticas. Hoxe tivémolo con nós para falar da situación actual da violencia contra a muller.
Sem comentários:
Enviar um comentário