Abrimos o programa nº464 retomando os habituais espazos colaborativos do programa: A noticia do día e A pílula científica.
O pasado 30 de setembro celebramos o día da tradución, e desde Proxecto Neo, sumámonos ao recoñecemento dunha profesión esencial para construír pontes entre culturas e facilitar o diálogo.
Na primeira entrevista desta tarde conversamos con Elena Valle, ex-alumna do IES Perdouro de Burela que actualmente exerce de traductora, correctora e localizadora de videoxogos e que nos abriu a xanela a un sector creativo e en pleno auxe. Con ela recordamos os tempos en que participaba neste programa, da súa formación e do programa Doutoral en Tradución e Paratradución. Falounos da súa tese centrada en como a localización de videoxogos ao galego pode impulsar a normalización lingüística e de outros proxectos de interese.
Inmediatamente a seguir tivemos por vía telefónica a Estela Villar, tradutora da editorial Rinoceronte. Con ela conversamos sobre o vixésimo aniversario da editorial e sobre o valioso labor que desenvolve no ámbito da tradución e da difusión literaria.
Sem comentários:
Enviar um comentário