O contido central do programa 414 foi unha colaboración do profesor Fernando Losada. Este preparou para Proxecto Neo unha moi completa entrevista coa escritora Miriam Beizana Vigo, unha escritora galega do tránsito entre os séculos XX e XXI. Agora está de máxima actualidade porque acaba de publicar un novo libro.
Nos minutos finais do programa falamos sobre o aproveitamento pedagóxico deste programa. A radio á Carta de Proxecto Neo é unha magnífica fonte de recursos para a aprendizaxe da comprensión e a expresión oral.
Moitas grazas pola entrevista, tanto a Fernando como a todo o equipo e alumnado que participa neste precioso proxecto. Unha aperta grande.
ResponderEliminarMoitísimas grazas a ti, Miriam! Estamos felices por poder acompañar o percorrido do libro desde o mesmo momento da súa saída ás librarías. Oxalá teñamos a oportunidade de contar contigo na biblioteca do instituto.
EliminarSúmome ás palabras da conta oficial do programa. Foi un enorme gusto contar contigo para este programa, Miriam. Outra aperta.
Eliminar