Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

12/06/13

Proxecto Neo nº 59.2 - Lucas Fojo & Aid & Miguel Queixas & Aníbal Malvar

Chámase Lucas Fojo Grandal. Ten sete anos. Chegou de Etiopia e agora vive á beira do golfo ártabro, en Neda (terra de pan-do-país, auténtico). Lucas estuda no CEIP de Maciñeira, un colexio que conta con área de Dinamización da Lingua Galega e con unha ANPA exemplar, que organiza numerosas actividades e ten moi ben atendidas as redes sociais.
Galiza é terra de acollida para Lucas e Lucas responde a ese amor con toneladas de ternura. Si. Lucas é unha fonte de orixinalidade. As nosas palabras milenarias soan deliciosamente na súa boca.
Son dez minutos antolóxicos.
Despois escoitamos a música de Aid. Ese foi o preludio, porque a conversa con ela chegou seguidamente. A artistaza viguesa presentounos o seu último disco, así en primicia. Fíxonos sentir moi ben, porque dixo que fomos unha das primeiras radios en poñer o tema musical escollido por nós. Como esta moza fala por sete, incluso falamos da súa formación na área das telecomunicacións. Iso si: non esquecemos anunciar as datas e lugares dos seus próximos concertos.
Co apoio de Viviane Furtado e Laura Sofía Brito, falamos con Miguel Queixas, neofalante da Coruña. Que escoite a entrevista entenderá perfectamente por que hai músicos que fan centenares de quilómetros semanalmente para recibiren as súas orientacións. 
Na parte final, a liña telefónica transportounos a Madrid. Alí nos recibiu Aníbal Malvar. Con el falamos de literatura, de cinema, de música e de xornalismo. Como remate, tivemos sorpresa. Grande sorpresa. Algo único. Así é Aníbal Malvar.

Pode escoitar de novo todo o programa clicando aquí.

1 comentário:

  1. A “Outra” : maridaxe industria e cultura

    A Feira da Cultura Galega cultur. gal ven de promover a conveniencia de entendermos a creación cultural como un xeito de crear riqueza. Na presentación que nos ofreceu o Grupo Chévere en clave de humor, o vello concepto de industria representado polo “compañeiro do metal” e a “remilgada” cultura teñen uns desencontros sonados, baseados nos seus respectivos prexuízos seculares e na desconfianza mutua. Ata aquí todo ben e recoñecido.

    Xa hai tempo que nos preguntamos ata onde pode a cultura chegar como industria sen deixar de ser cultura. Pero agora tamén nos preguntamos se é posible pagar o recibo da luz sendo bailarín, por poñer un exemplo.

    Como ben reseñou a maestra de cerimonias Belén Regueira dirixíndose ó auditorio ó remate do acto (no que asistimos á reconciliación e voda de cultura e industria, consumado co intercambio de tarxetas de visita!) - “eles xa fixeron o propio, agora depende de vos, así que xa sabedes, a consumir”.

    E así é. Xa sabemos. Aquí están representadas as máis diversas e dignas expresións culturais. Dicía Xurxo Souto que en Galicia levantas unha pedra e sae un artista. Non lle falta razón. Somos un país de contadores, soñadores, vangardistas ... A nosa historia aí está para constatalo e o presente mostra que non hai pao que aquí non se toque.

    O problema en Galicia non é a oferta. Aínda que o minifundismo segue a predominar, dificultando coma sémpre a rendibilización de esforzos e ideas. Aquí o problema é o de sémpre: A demanda.

    A dualidade lingúística-cultural galega dificulta que as novas propostas poidan perdurar no tempo. A comunidade galego-falante está dividida entre Luar e Miraxes entre Os Tonechos e Extrarradio. As produccións culturais alternativas en galego teñen un público moi concreto e reducido, entre o que podemos contar @s propios artistas e @s seus ghrupies, suma e para.







    Esa masa potencial de consumidores de niveles culturais intermedios interesados polos produtos dunha industria cultural, en Galicia pertencen mairoritariamente á clase media castelán-falante, comedora de pulpo á feira, que sinte a súa galeguidade cuberta polos coleccionables que ofrecen os xornais. Como achegarse a eles?

    Sen demanda non hai industria que valla. E estamos en crise global! Os estudos de marketing o primeiriño que fan e ver quen son os clientes potenciais dun produto. Aqui temos que facer o mesmo. Analizar a nosa realidade dun xeito realista, e ver por onde podemos tirar.

    Como incrementar a necesidade interna de consumir produtos culturais feitos no país é o reto ó que nos enfrontamos. E aquí teremos que intentar convencer. Hay toda unha gama de xente na fronteira do galego-castelán á que temos que chegar. Con humor, con cercanía e comprensión, sin estridencias. Infiltrarnos no seu corazón e gañar os seus petos. Para a industria cultural e para o país.

    Na fronteira ideolóxica está o futuro de Galicia. Ela é a “outra” nesta maridaxe, así que teremos que ver como facerlle as beiras para crear unha duradeira industria cultural.

    ResponderEliminar