![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgCsrNCdnxHkLJxMFY52L9Xbr0JD9_ceoeOoZ0YY_vc6TukF0g8HZR578gcbYgxBcEB9y1xQ-4fcYF3iNvxN433k9-D12MvZQ5uNtEN2nkw02wdSN_NDM_iLuTo3J9a8C1_KcE9yjtbMi9G/s320/XOEL+AITOR.jpg)
Este é o programa en que lle damos a benvida a
Dani Ladra, o director técnico do Baku United da liga inglesa de Futsal. A expedición británica está na Mariña para facer unha fase de preparación e aproveita para xogar varios partidos contra equipos de Viveiro e Burela. Ademais de con Dani, tamén falamos con
Adrián Yáñez, futbolista de Viveiro; e con
Edu, outro futbolista do equipo londinense, nacido en São Tomé e con nacionalidade portuguesa.
Pasado o ecuador do programa, falamos con Gonzalo Soto, un xornalista de referencia no ámbito da comunicación deportiva galega. Foi unha maneira de tributar homenaxe tanto a Gonzalo como ao programa Galicia en Goles, que case cumpre trinta anos de vida.
O contido do programa está
aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário