Mércores 25 de abril, décimo-sétima entrega de Proxecto Neo. Nesta ocasión, faremos unha viaxe de ida e volta á terras armoricanas.
Delfina Pena é profesora de Lingua e Cultura Francesa. Estudou Filoloxía Románica, primeiro en Lugo e despois en Santiago de Compostela. Desde
hai trece anos, é a impulsora dun intercambio educativo entre a Mariña
mindoniense e o corazón da Provenza. Un contacto directo, como o que
fixeron os trovadores na Idade Media… mais actualizado, moderno. Unha
convivencia do século XXI.
Aurélie Pello é
profesora axudante de conversa. Orixinaria de Brest, na Bretaña, chegou
a Galicia por vez primeira como participante nun intercambio escolar
entre adolescentes de Ribadavia e daquela cidade da Costa do Amor.
Durante o curso 2012 está como ensinante de lingua francesa na Mariña.
Máis outro programa Modelo Burela.
Podedes escoitar a tertulia aquí.
Sem comentários:
Enviar um comentário