Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

22/05/25

Proxecto Neo 457.14 - Especial Expomar


Traemos un programa dedicado a Expomar, a feira de referencia no setor pesqueiro celebrada do 7 ao 10 de maio en Burela.
Comezamos o programa na feira Expomar. De aí chéganos un audio da profesora María G. Jartín onde conversa con Angélica Fortes, responsable da feira de actividades económicas ligadas ao mar en Cabo Verde.
Na seguinte entrevista Ruth e Ana, alumnas do Ciclo Medio de Xestión administrativa conversan con Brais, xerente de Expomar. 
Na terceira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC entrevista a Miguel Neira Pérez, xerente de ABSA, a empresa que xestiona a lonxa de Burela. 
O cuarto convidado foi Sergio López García, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros do porto de Burela. Con el falou o alumnado de 3º ESO PDC.

15/05/25

Proxecto Neo 456.14 - Lupe Blanco, Galefusión e Manuel Rivero

Na primeira entrevista da tarde conversamos con Lupe Blanco. Regueifeira de Coristanco que practica a arte da improvisación oral. 

Inmediatamente despois falamos no estudio de Galefusión con Andrea Maseda e Asier Oroza, dous compañeiros do IES Monte Castelo de Burela: un proxecto de dinamización linguística. 

Xa na última parte do programa recibimos novamente a Manuel Rivero para falarmos do seu novo libro sobre Lola Arribe, unha docente, política e escritora galega reintegracionista.

07/05/25

Proxecto Neo 455.14 - Programa Especial Mar con Balbino Trelles, Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López

Traemos un programa dedicado ao mar e aos mariñeiros. Un tema moi vinculado a Burela. 

Na primeira entrevista o alumnado de 4º ESO PDC conversa con Balbino Trelles. Con este mariñeiro xubilado falamos sobre como era a vida nun barco e a importancia de coñecer ben o mar e as rochas. 

Na segunda entrevista o alumnado de 3º ESO PDC foron ata a Moncloa de Burela para entrevistarse con Santiago Rivera Lestegás e Antonio Abad López para falar das súas experiencias e aprendizaxes a volta do mar.




01/05/25

Proxecto Neo 454.14 - Programa Especial Saúde

 

Temos unha nova entrega de Radio Saúde Burela, nesta ocasión dedicado á Saúde Mental e Emocional. 

Como temos por costume, comezamos o programa cos espazos colaborativos: A Noticia do Día e a Pílula das ciencias. Tamén contamos co podcast de "Aulas sen fume" do alumnado de 1º de ESO A.

Con Cristina Lastra, psicóloga especialista en psicoloxía clínica na Unidade de Saúde Mental de Burela, conversamos sobre como a psicoloxía clínica pode axudar a mellorar e recuperar a saúde emocional. 

A segunda entrevistada é Yolanda Fernández, profesora de ciclos formativos no IES Perdouro, coa que falamos de educación emocional dentro dos centros de ensino como ferramenta para lograr o bem-estar emocional do alumnado.  

Artigo de Praza.gal de interese : Estamos educando para vivir ou para resistir? A importancia da saúde mental na escola