Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

26/02/25

Proxecto Neo 447.14 - Programa especial Saúde

Nova entrega do programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado ás Relacións Saudábeis.
Mais antes de empezar coa sección das entrevistas, comezamos coma sempre o programa con tres espazos colaborativos: A Noticia do Día, un Entroido libre de plásticos e a Pílula das ciencias. 
A primeira das entrevistas foi con Cristina Cayón Pardo, a psicóloga do CIM de Burela, coa que conversamos sobre a importancia de detectar os sinais dunha relación tóxica. 
Inmediatamente a seguir falamos con Ana Fernández, matrona do centro de saúde de Burela e Ribadeo. Con ela conversamos para sabermos mais sobre saúde sexual. Aprenderemos cales son as chaves para termos unha relación saudábel, respectuosa e segura co noso corpo.




19/02/25

Proxecto Neo 446.14: Antonio Reigosa, Mónica Pazos, Fernando Losada

Como temos por costume, comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Día. Inmediatamente a seguir atendeunos ao teléfono Antonio Reigosa para falarmos dos 20 anos do Portal Galicia Encantada. 
Tamén falamos con Mónica Pazos, docente de Lingua e Literatura no Instituto Monte Castelo, en Burela. Con ela falamos sobre a convocatoria de Queremos Galego prevista para o próximo domingo día 23 de febreiro. 
Xa na parte final do programa conversamos co profesor de Bioloxía Fernando Losada con motivo da recente participación do alumnado do Perdouro nas Olimpíadas de Xeoloxía. Finalizamos o programa cunha pequena crónica da experiencia.
   



12/02/25

Proxecto Neo 445.14 - Programa especial Saúde

Entramos nun novo programa especial de Radio Saúde Burela, desta vez dedicado aos tres eixos básicos para termos unha boa saúde: o exercicio físico, a alimentación e o sono.

A primeira das entrevistas foi co médico Juan José Eiroa Bermudez, actualmente residente de terceiro ano de Medicina Familiar e Comunitaria no Hospital de Burela. Con Juan José Eiroa conversamos sobre a importancia da actividade física para a nosa saúde.

Inmediatamente a seguir falamos con Daniel Esteban Mejia, cirurxán residente de primeiro ano en Medicina Familiar e Comunitaria na área sanitaria da Mariña. Con Daniel Esteban abordamos a importancia dunha boa alimentación para estarmos saudables.

Xa na parte final do programa acompañounos no estudio Arantxa Miguel,  médica do centro de saúde de Burela. Con Arantxa Miguel analizamos importancia do sono para o noso ben-estar físico e mental.



06/02/25

Proxecto Neo 444.14: Sara Freijedo, Luis Ramilo e Marta Castro

Abrimos o programa cos espazos colaborativos A Noticia do Día, Horrorgrafía e Crónica dunha viaxe. Esta vez por Lugo e a súa arte urbana da man de Guido Álvarez Parga. 
Entrevistamos a Sara Freijedo dende Ourense. Unha nena de 9 anos que partilla as súas afeccións. 
Despois de falarmos con esta aluna neofalante, conversaremos con Luis Ramilo sobre a reinterpretación da canción "Fábula dos coellos" de Ismael Serrano. Falou deste proxecto colaborativo levado a cabo polo Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo, o IES Terra do Xallas de Santa Comba (A Coruña) e o IES Perdouro de Burela. 
Xa na parte final do programa conversamos con Marta Castro Alba, profesora de Lingua e Literatura galega que este ano está no IES Perdouro.