Proxecto Neo: o programa radiofónico que dá voz á comunidade neofalante

Proxecto Neo, o programa de diálogo intercultural, está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde. Pode acompañarnos desde calquera lugar do mundo a través da radio á carta.

22/01/25

Proxecto Neo 443.14: Manuel Mella e Tiziana Martínez (IES Marco Camballón); Iria Guerra Pérez; Amauri Cavalcante Pereira


Abrimos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir ouvimos a colaboración que nos enviaba o profesor Fernando Losada sobre o obradoiro de minerais impartido polo xeólogo Fran Canosa, o pasado dia 15 de xaneiro no Perdouro.
Imediatamente depois entramos na primeira entrevista da tarde. Conversamos con Manuel Mella e Tiziana Martínez Vallenilla, alunos do IES Marco do Camballón que están a participar na elaboración de unha antoloxía de cancións inspiradas en poemas.
Despois de falarmos con estes dous alunos neofalantes, viaxamos a Viana do Bolo para falarmos con Iria Guerra Pérez, a neta de Nene. Conversamos con ela sobre a semente que deixou o seu avó.
Xa na parte final do programa, o protagonista foi Amauri Cavalcante Pereira, alumno de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. Con Amauri conversamos sobre como foi a súa chegada do Brasil á Mariña con só 11 anos. Falamos tamén de como foi a sua recente viaxe ao Brasil depois de estar tanto tempo fóra.

16/01/25

Proxecto Neo 442.14: Paco Rivas; Xosé Constenla; Lucía Fernández.



Como temos por costume, esta tarde comezamos o programa co espazo colaborativo A Noticia do Dia. A seguir conversamos con Paco Rivas, filólogo e escritor, orixinario de Cervo; e residente en Nois. O tema central: o seu último libro de haikus, poemas breves de orixe xaponesa.
Despois de falarmos con Paco Rivas, viaxamos á montaña do Vicedo, No lugar do Xestoso, coñecemos o famoso teatro e tamén un artista convidado.
O Teatro das Cortes consolidouse en 2024 como centro de interese cultural. Alí estivo o cantautor Xosé Constenla, con quen falou Bernardo Penabade, nunha entrevista improvisada.
A protagonista do terceiro dos contidos foi Lucía Fernández, profesora de Lingua e Literatura Galega no Perdouro. Conversamos con ela e os seus alunos Uxía Cabarcos, Jorge Melo e Daniel Vázquez Longarela sobre un proxecto moi especial que está levando a cabo o alumnado de 1º de ESO.
Lucía Fernández (a profesora) e estes estudantes explicáronnos este proxecto centrado nas cantareiras homenaxeadas con motivo do Día das Letras Galegas 2025. Falamos tamén de como está a ser o proceso de creación dunha pandeireta con material de refugallo coa colaboración do profesorado e alumnado do Ciclo de Mecanizado. Na parte final da entrevista abordamos cal é a meta deste proxecto tan ambicioso, que no mes de maio acabará coa interpretación dunhas coplas.

09/01/25

Proxecto Neo 441: Viaxe a Cabo Verde con Bernardo Penabade



Esta tarde tivemos un programa moi especial dedicado a Cabo Verde. Neste primeiro programa do ano 2025, estivo con nós Bernardo Penabade para falarnos sobre a viaxe que realizou no pasado mes de novembro ao país do Atlántico africano.
Conversamos con el sobre o ámbito do ensino e da cultura, tanto musical como literária, deste país lusófono. Coñecemos a súa impresión sobre o funcionamento das escolas de ensino primário, das escolas de ensino secundário e, aínda, da escola de Hotelaria e Turismo, onde desfrutou dun almorzo e ofreceu unha palestra; e falamos sobre a súa visita á Universidade de Cabo Verde.
Tamén conversamos sobre os encontros co Presidente da República, coas escritoras Vera Duarte e Analina Rocha, co antropólogo João Lopes Filho e co escritor Joaquim Arena; e sobre a visita a Achada Falcão, símbolo da resistencia camponesa e xénese da independencia de Cabo Verde.